Accede a tu ejemplar diario
Accede

Premios ‘Emilia Pardo Bazán no país das rías’

Participa ata o 13 de decembro

OS/AS CANDIDATOS/AS

Poderán ser candidatos aos premios Emilia Pardo Bazán calquera persoa ou entidade que reúna os requisitos necesarios en calquera das categorías establecidas:

Feminismo: o galardón recaería naquela figura merecedora do mesmo pola súa traxectoria, méritos, valores e sacrifico, contribuíndo así a unha sociedade mellor, impulsando co seu exemplo a igualdade entre homes e mulleres, así coma poñendo en valor o liderado femenino en sectores menos representados.

Turismo: o premio pretende recoñecer emprendedoras e emprendedores cun papel destacado na proxección turística do País das Rías (empresa, sector hostaleiro, enoturismo, agroturismo, turismo náutico, roteiros de marisqueo, turismo rural, blogueiras e influencers…) tratando de apoiar os novos formatos turísticos, etc.

Cultura: na categoría de Cultura, o Premio pretende recoñecer as traxectorias culturais máis relevantes do País das Rías, e ao mesmo tempo enxalzar os novos valores literarios e escénicos en todas as súas variantes… literatura, música, pintura, etc.

PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

Poderán presentalas os membros do xurado ou os lectores de Faro de Vigo a través do formulario habilitado na súa páxina web ou do correo pardobazannopaisdasrias@farodevigo.es.

Todas as candidaturas serán valoradas polo xurado designado.

O XURADO

O fallo do xurado celebrarase entre o 16 e o 17 de decembro. O xurado, que estará composto alo menos por cinco membros.

O xurado valorará todas as candidaturas enviadas e poderá seleccionar ata 3 finalistas por cada categoría e o/a gañador/a.

Na publicación referente á reunión do xurado, daranse a coñecer os/as finalistas de cada categoría, mentres que a/o vencedor/a serán revelados na Gala de entrega de premios.

A GALA

A gala de entrega de premios levarase a cabo coa presenza de finalistas, autoridades e convidados dos diferentes ámbitos sociais: cultural, feminista, turístico, etc.

Quen resulte gañador/a en cada unha das categorías disporá da posibilidade de participar nunha charla coloquio que organizará Faro de Vigo nunha localización por decidir.

Nesta edición, a Gala terá lugar o vindeiro día 26 de decembro na Sede de Afundación.

LÍMITES E AUTORIZACIÓNS

Queda prohibida a participación aos empregados e colaboradores de FARO DE VIGO S.A.U. e Celta de Artes Gráficas (formato impreso e dixital), así como cónxuxes, ascendentes ou descendentes, ata primeiro grao (inclusive), dos anteriores.